O día de Rosalía de Castro
________________

Onte 24 de febreiro celebramos no noso centro o Día de Rosalía de Castro, unha figura simbólica dentro da nosa cultura.A súa presenza advertímola en moitos ámbitos: a literatura, a música, etc. Durante a xornada de onte, lemos os seus poemas e escoitamos a artistas como Luz Casal ou Carlos Núñez que musicaron as súas composicións.

Achegámonos á súa biografía e á súa obra dun xeito lúdico e interdisciplinar, utilizando as artes plásticas e as tecnoloxías informáticas. O alumnado de terceiro da ESO elaborou Kahoots e roscos ao estilo de Pasapalabra cos seus datos biográficos e literarios.De este xeito, quixemos recoñecer a súa importancia literaria, artística, humana e social.

Aquí deixamos unha mostra dos traballos. Agardamos que vos gusten!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *