O galego, lingua de namorar
________________

Durante o mes de febreiro no colexio quixemos utilizar a nosa lingua nas relacións  persoais do noso alumnado. Tendo en conta que o día 14 foi o día dos namorados, os alumnos e alumnas de primeiro da ESO crearon unha serie de mensaxes de amor destinadas aos seus avós, familiares, amigos, etc. Nesta tempada tan estraña que atravesamos, na que botamos en falla os abrazos e os bicos, e na que é tan necesario amosar o agarimo polos demais, o alumnado elaborou frases amorosas cheas de sentimento. 

Imos compartir neste blog algunhas das máis emotivas e fermosas!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *